HomeA CoruñaBoqueixón debaterá o xoves nun pleno extraordinario os orzamentos de 2021

Boqueixón debaterá o xoves nun pleno extraordinario os orzamentos de 2021

- Anuncio -spot_img

O documento contempla a actualización de retribucións de empregados municipais de acordo coa RPT

A Corporación de Boqueixón debaterá o xoves nun pleno extraordinario os orzamentos para o exercicio 2021. A sesión terá lugar ás 20.00 horas en formato mixto (presencial e en liña).

O orzamento de Boqueixón ascende a preto de 4,22 millóns de euros, o que supón un incremento de máis dun 10% con respecto ao exercicio anterior. “Unha das principais novidades das contas municipais será o esforzo no gasto social”, explica o alcalde boqueixonés, Manuel Fernández Munín.

Neste senso, contémplanse axudas encamiñadas a paliar os efectos da COVID-19 en Boqueixón por importe de case 70.000 euros. A esta contía engádese outra de 28.000 euros en concepto de “axudas municipais directas para compensar as perdas do COVID-19 -ou mediante convenio coa Xunta- para financiar as axudas de expedientes do Concello que queden fóra da concorrencia non competitiva das axudas da Xunta”.

Por outra banda, contémplanse partidas de 15.000 euros e de 12.00 euros para axudas económicas de emerxencia social e para a cobertura de gastos de escolarización dixital para familias, respectivamente. Súmanse outros 5.000 euros para outras medidas de carácter social”.

A maiores, crearase unha partida de 8.000 euros de axudas á natalidade. “É unha iniciativa que se está a deseñar, mediante a cal se vai a ofrecer un cheque/tarxeta monedeiro de 200 euros a cada familia cun/ha bebé nacida en Boqueixón no ano 2020, que deberán ser gastados exclusivamente en establecementos do municipio”, concreta o rexedor.

Actualización das retribucións na RPT

As contas municipais incluirán a actualización das retribucións de empregados/as municipais de acordo á Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada en outubro de 2020. Tamén se prevé e amortización da praza de encargado de vías e obras.

Co fin de conter o gasto, as retribucións de cargos políticos quedarán conxeladas durante 2021.

Publicacións Relacionadas