HomeA CoruñaBrión acollerá unha nova edición do ciclo Fegateatro, con sete actuacións de...

Brión acollerá unha nova edición do ciclo Fegateatro, con sete actuacións de teatro amador de balde en abril, outubro e novembro

- Anuncio -spot_img

A programación arrinca este sábado 6 de abril coa comedia musical “Río Bravo”, da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos

O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá os sábados 6, 20 e 27 de abril, ás 20:00 horas, o inicio dunha nova xeira do ciclo de teatro afeccionado “Fegateatro”. Tres sesións con entrada de balde ata completar a capacidade da sala, froito do acordo asinado entre o alcalde de Brión, Pablo Lago, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Chelo Pampillón.

“Fegateatro” inclúe sete actuacións de teatro amador que terán lugar nos meses de abril, outubro e novembro da man de grupos asociados a FEGATEA. Unha programación que busca captar o interese do público brionés neste tipo de representacións, nas que se promove a cultura e a lingua galega.

O ciclo abrirase este sábado 6 de abril con “Río Bravo”, unha comedia musical para todos os públicos da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos (Bergondo). Un musical trepidante que esgota os estereotipos do western e se ri de todos eles. A súa banda sonora, dirixida por Andrés Botureira, consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeias.

A programación de abril completarase con “Vacacións”, unha traxicomedia de A Tequerreté Teatro (Teo) dirixida a un público adulto (20 de abril); e “Un mal día teno calquera”, unha comedia para público adulto de Teatro de Cámara Ditea.

Publicacións Relacionadas