HomeA CoruñaCase mil persoas participaron na undécima edición da carreira popular dos Rosales,...

Case mil persoas participaron na undécima edición da carreira popular dos Rosales, ecuador da cita do circuíto Coruña Corre

- Anuncio -spot_img

A xornada comezou ás 10.00 horas coa saída da proba absoluta e continuou coas outras seis carreiras de categorías inferiores

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, fíxolle entrega dos premios aos corredores e corredoras vencedores da proba

O circuíto Coruña Corre chegou ao ecuador coa undécima edición da carreira popular dos Rosales, cuarta cita do circuíto. En total, 920 corredores e corredoras chegaron este domingo á liña de meta nas diferentes probas, tanto na categoría absoluta como nas inferiores.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, asistiu á saída da proba, que arrincou ás 10.00 horas coa saída das e dos inscritos da categoría absoluta. Facundo Médard e Paloma Gándara foron os gañadores da proba absoluta, seguidos de Abdelaziz Faithi e Antón Gómez e Rebeca Soto e Marí Isabel González respectivamente.

O percorrido da categoría absoluta, de 6,3 quilómetros, comezou na avenida Fernando Suárez García. En torno ás 12.00 horas saíron, progresivamente, as e os participantes en categorías inferiores sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e peques, con percorridos máis curtos en función da franxa de idade (dende 2,4 quilómetros para os maiores e 155 metros na categoría peques).

Os resultados poden consultarse na web do Coruña Corre. O concelleiro de Deportes entregoulle os premios ás e aos deportistas gañadores da xornada destacando a calidade do circuíto Coruña Corre e a aposta do Goberno de Inés Rey pola ampliación das carreiras, chegando a máis barrios co paso da carreira de Matogrande por Xuxán.

A próxima cita do circuíto Coruña Corre, en setembro

Logo da carreira popular dos Rosales, o circuíto Coruña Corre despídese ate o mes de setembro, volvendo á actividade coa VIII edición da carreira de Matogrande. Será o 15 de setembro, coa quinta cita do Coruña Corre que este ano chega por primeira vez ao barrio de Xuxán.

O Concello habilitará proximamente a inscrición na proba, que partirá ás 10.00 horas desde a rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do colexio Liceo La Paz. Os diversos percorridos previstos tanto en categoría absoluta como en categorías inferiores poderán consultarse nas vindeiras semanas a través desta ligazón.

Publicacións Relacionadas