HomeA CoruñaCentos de persoas participan este sábado na terceira edición da andaina Camiña...

Centos de persoas participan este sábado na terceira edición da andaina Camiña Coruña, organizada pola AMI coa colaboración do Concello

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, deulles hoxe a saída ás persoas participantes, divididas en tres categorías por distancias: 16, 28 e 50 quilómetros

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, foi o encargado de lles dar hoxe a saída ás e aos participantes inscritos na terceira edición do Camiña Coruña, unha andaina non competitiva ideada para explorar moitos dos espazos emblemáticos da cidade, unha iniciativa na que o Concello colabora coa entidade organizadora, a Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI).

A xornada arrincou esta mañá ás 9.00 horas desde a contorna do Palacio dos Deportes de Riazor. As boas condicións meteorolóxicas favoreceron o desenvolvemento da andaina, que continuará ao longo deste sábado e na que participan hoxe centos de persoas, dividida en tres categorías por distancias: a máis curta, de 16 quilómetros, e as outras dúas de 28 e 50 quilómetros, respectivamente.
Manuel Vázquez destacou o carácter deportivo do Camiña Coruña, no que se estipulan uns tempos máximos para rematar a andaina, “mais cun concepto recreativo no que as e os participantes gozan do percorrido competindo contra si mesmos”, indicou.

As rutas deste sábado lévanse a cabo a través dos espazos peonís e sendeiros da Coruña e, no caso do percorrido de 16 quilómetros, incluíuse tamén unha proba de geocaching, modalidade que consiste na busca e resolución de adiviñas ou enigmas escondidos ao longo do traxecto, con información de interese sobre a cidade.

Publicacións Relacionadas