HomeA CoruñaExposición de Novais na Casa da Cultura de Fene

Exposición de Novais na Casa da Cultura de Fene

- Anuncio -spot_img

Maria Luísa Grandío, coñecida artísticamente como Novais, amosará a súa obra en Fene ao
longo do mes de maio. A mostra, titulada “Bailando entre pinceles”, inaugúrase o vindeiro
martes, 4 de maio, ás 20 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura e
poderá visitarse até o día 28 en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a
21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. A exposición incluirá pezas realizadas
ao óleo, acrílicos e tintas.


Segundo Novais, “as obras que compoñen esta exposición representan unha alegoría do
tempo, o nexo de expresións dos momentos vividos, das lembranzas e dos tempos de
diferentes épocas e emocións”. Son pinturas marcadas por unha “explosión de vida e de
cor”. Nelas combínanse “as visións das viaxes, a través de diferentes formas e modelos,
coa vida cotiá -onde moitas veces se atopa a inspiración-, pero tamén coa imaxinación
creativa ou a visión da miña realidade a través dos soños”. “Pinceles de cores e trazos en
negro que reforzan a figura dentro do cadro e a temática da obra”. Porque, para Novais, “a
cor plasma a ilusión e a ledicia das gañas de vivir”.
Nesta exposición “as obras bailan cos pinceis, simbólica expresión de distintos
movementos, coma os das teclas dun piano, e das cores”. Porque, afirma Novais, “entre a
música e os pinceis xorde o movemento das miñas obras”.
María Luísa Grandío, Novais, é pintora e membro das asociacións de artistas ARGA
“Asociación Artística Plástica Gallega”, SAF ”Asociación Artística Ferrolana”, Liceo Europeo
de las Artes, Pintores Destacados de Galicia, Asociación de Artistas da Coruña e AEPA
“Asociación Española de Pintores y Escultores”.
Realizou estudos de decoradora de interiores pola Escola Superior Pablo Picasso da

Coruña. É graduada en “Artes e Arquitecto de Interiores. Arte Gallego Contemporáneo en
la Naturaleza”, pola UIMP, Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Ademais, ten
realizado cursos de escaiola, vaciado, talla en madeira, de acuarela, óleo, pastel e técnicas
de debuxo. E talleres de arte cos pintores Pacucha Segade, Mariano García Patiño e Manuel
Romero.

Publicacións Relacionadas