HomeA CoruñaGoberno local asegura que a conexión ferro-portuaria con Punta Langosteira é indiscutible

Goberno local asegura que a conexión ferro-portuaria con Punta Langosteira é indiscutible

- Anuncio -spot_img

Esixe fuxir de posturas partidistas que “pouco favor lle fan” ás solucións que precisa o Porto Villoslada: “Sen a suficiente xenerosidade política non imos conseguir legar ás seguintes xeracións un porto competitivo e unha cidade con moito máis futuro”
O Goberno local asegura que as obras para garantir o
acceso ferroviario ao Porto exterior son “indiscutibles”. Así de contundente mostrouse o o
concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, durante a sesión plenaria desta mañá. “A
alcaldesa e todo o Goberno local e todo o PSOE están a favor da conexión ferroviaria, a
favor da solución financeira da Autoridade Portuaria e, sobre todo, a favor dun grande
acordo cidadá, político e institucional para a transformación da cidade nos novos espazos
portuarios”, apuntou.
“Ninguén discute a conexión ferro-portuaria con Punta Langosteira para a súa plena
operatividade, pero esiximos fuxir de posturas partidistas que pouco favor lle fan ás
solucións que precisa o porto”. Así mesmo, reclamou lealdade institucional, altura de miras
e xenerosidade política para poder deixar ás futuras xeracións un porto competitivo e unha
cidade con máis futuro. “A pesar de todo, estou seguro de que o conseguiremos porque a
cidadanía nolo demanda”, sentenciou.
O edil socialista defendeu os acordos alcanzados na reunión do 23F, tras 17 anos de
“decisións coleando”. “Sentáronse todas as administracións implicadas e con
responsabilidades no desenvolvemento do porto e a transformación da cidade. Ademais, o
Ministerio comprometeuse a prorrogar a declaración de impacto ambiental até o 2023 para Nota de Prensa
o enlace ferroviario. Logrouse unha moratoria até 2035 para saldar a débeda da Autoridade
Portuaria e estudáronse os mecanismos europeos para poder realizar a solicitude de fondos
da UE destinados á conexión ferroviaria, vinculada a un estudo de viabilidade que a AP
curiosamente presentou o 19 de febreiro, data en que pide o PP a celebración dun pleno
extraordinario”.
“O día 23 demos un paso máis que importante para a conexión do tren a Langosteira, na
busca de solucións para afrontar a débeda e de cara a articular un mecanismo
interinstitucional que sirva para superar os convenios de 2004 con lealdade institucional e
unha visión compartida a longo prazo e non curtopracista”.
Villoslada lembroulle ao PP que durante os sete anos de mandato de Rajoy en Madrid “non
se avanzou nada para solucionar a débeda do tren e a falta de conexión ferroviaria a Punta
Langosteira. E botoulle en cara ao grupo popular a falta de compromiso dos anteriores
gobernos conservadores no Estado xa que o protocolo de 2018 nunca se chegou a plasmar
nun convenio que servise de marco xurídico e económico.
“En oito anos (2010-2018) o PP foi incapaz de aprobar un proxecto nin de modificar o
pactado en 2004, que non é aplicable. Uns convenios que vinculaban o financiamento do
porto á urbanización dos peiraos interiores, que ían ser desafectados, e nos que se
incorporaban os intensos parámetros urbanísticos de edificación do PXOM aprobados en
2013 cando gobernaba o PP en María Pita”.
Ademais, dirixiuse ao grupo da Marea Atlántica ao que lle reprochou ter sido “ninguneado
nos protocolos de 2018 e montar concursos de ideas, algunhas interesantes, pero
totalmente inoperantes”.

Publicacións Relacionadas