HomeA CoruñaA CoruñaInés Rey: “Neste 8M temos o deber de velar pola nosa saúde,...

Inés Rey: “Neste 8M temos o deber de velar pola nosa saúde, o que non quere dicir que non loitemos pola igualdade”

- Anuncio -spot_img

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta mañá a presentación do libro “Cidade das Mulleres. Veciñas Ilustres da Coruña”, unha iniciativa do Concello da Coruña promovida pola Asociación da Prensa da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, que concentra nun libro as biografías de 34 mulleres ilustres da cidade co desexo de lles brindar un recoñecemento
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou durante a presentación do libro Cidade das Mulleres. Veciñas Ilustres da Coruña que “neste 8M temos o deber de velar pola nosa saúde, o que non quere dicir que non loitemos pola igualdade real, que non denunciemos a violencia machista e a desigualdade salarial, a desigualdade á hora de ocupar postos de responsabilidade, a cousificación ou a suposta incapacidade para exercer certas ocupacións historicamente reservadas aos homes”. O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta mañá a presentación desta publicación, unha iniciativa promovida pola Asociación da Prensa da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez coa colaboración do Concello da Coruña, que concentra nun libro as biografías de 34 mulleres ilustres da cidade co desexo de lles brindar un recoñecemento. O acto, que se enmarca na programación municipal con motivo do Día Internacional da Muller, contou coa participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, e a presidenta da Asociación da Prensa, Doda Vázquez. O grupo musical integrado exclusivamente por mulleres “Sisters in the House” foi o encargado de poñerlle música á presentación. Grazas a Nota de Prensa esta publicación, asegurou Inés Rey, “aprendemos aínda máis sobre elas e o mérito é, sen dúbida, de todas esas persoas que as escriben, persoas expertas que profundaron nas 34 biografías para facérmonos ver que todas elas teñen unha característica en común: a súa paixón”. E con paixón, engadiu, “derrubaron prexuízos e convencionalismos impostos e hoxe as 34 son exemplos a seguir”. Rey sinalou políticas de igualdade que se puxeron en marcha desde a súa chegada a María Pita: “Durante a pandemia o Concello duplicou a capacidade da rede de acollida para que ningunha muller vítima da violencia de xénero tivese que seguir baixo o mesmo teito que o seu agresor, creouse o programa pioneiro cara á mellora da conciliación, o programa de Canguraxe Covid para crianzas que se visen confinadas por un contacto estreito. A rexedora lembrou que a igualdade de xénero é unha materia prioritaria e necesaria para cambiar a realidade, “unha realidade que se segue antollando difícil”. Rey lembrou que a pesar dos dereitos acadados polas mulleres ao longo da nosa historia recente, aínda queda moitas barreiras na sociedade para conseguir unha igualdade real. De feito, a alcaldesa referiuse á situación do papel da muller na ensinanza en que “tan só un 10% das personaxes que aparecen nos libros de texto de Primaria son mulleres” ou a porcentaxe de mulleres que ostentan alcaldías en España, “apenas representan un 21,77%”, criticou Rey. A rexedora pechou o acto lembrando a dona Emilia Pardo Bazán, a que o Concello adica este ano unha ampla programación cultural polo centenario do seu pasamento: “Ela defendeu o papel da muller na sociedade do XIX nunha época na que o valor das mulleres radicaba na súa capacidade reprodutiva. Como dixo dona Emilia, todas as mulleres conciben ideas, pero non todas conciben fillos”, sentenciou.

Publicacións Relacionadas