HomeA CoruñaInés Rey: “Os discursos negacionistas sobre o feminismo non deberían de existir”

Inés Rey: “Os discursos negacionistas sobre o feminismo non deberían de existir”

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa participou esta tarde na primeira charla do ciclo “Conversas na Casa Museo”, organizado polo Concello e a Real Academia Galega polo centenario de Emilia Pardo Bazán
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mostrouse preocupada pola radicalización de discursos negacionistas “que en determinados temas como o feminismo non deberían de existir, e por iso, cómpre máis ca nunca seguir poñendo a muller no centro destas políticas na procura desa igualdade plena que só se vai conseguir con políticas feministas de verdade”. Rey aseverou durante a primeira das charlas do ciclo “As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán: Conversas na Casa-Museo”, que existe un aumento destas posturas radicais, como a da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, “que chegou a afirmar hai uns días que os homes sofren máis malos tratos que as mulleres, que son tamén vítimas da violencia”, apuntou Rey. Aínda hoxe, afirmou, a muller ten que superar moitos dos obstáculos dos que falaba Emilia Pardo Bazán hai xa máis dun século. Rey recoñeceuse como unha feminista convencida, e lembrou que a figura de Emilia Pardo Bazán foi moi avanzada para o seu tempo. “As mulleres temos moitas trabas que superar, como a de eliminar a dobre moral que existe arredor das mulleres, que non somos máquinas de ter fillos, que podemos estar completas sen a maternidade, e por iso é importante seguir reivindicando a figura de Dona Emilia”.
A alcaldesa participou esta tarde xunto a María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, e ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, nas charlas que están enmarcadas dentro da programación EPB100, con motivo do centenario do pasamento da escritora. Para Rey, as claves para acadar unha igualdade real pasan pola educación, a cultura e os servizos sociais, pero tamén pola economía e os coidados: “Facendo políticas en prol das mulleres, traballando por avances concretos fuxindo de paternalismos. A charla, titulada “A presenza das mulleres na política”, serviu para afondar no papel das mulleres na actualidade, os seus logros e o avance da nosa sociedade en materia de igualdade, tomando como referente a figura da escritora e súa pegada. A alcaldesa lembrou como a educación familiar e a súa vocación de servizo a levaron a dar os seus primeiros pasos na vida política, onde non tivo moitas dificultades por ser muller. Aínda así, recoñeceu que se topou cun certo paternalismo e prexuízos ante a “súa suposta inexperiencia” e idade, que se viron moitas veces reflectidas na campaña en temas como o da conciliación familiar, en que sinalou “non teño a obriga de conciliar nin máis nin menos que un home”.

Publicacións Relacionadas