HomeA CoruñaJuan Ignacio Borrego incide na importancia de lles inculcar ás novas xeracións...

Juan Ignacio Borrego incide na importancia de lles inculcar ás novas xeracións valores de solidariedade en eventos como o Festival Intercentros

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Educación participou na presentación da edición número 23 do certame

O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá na presentación do XXIII Festival Intercentros do vindeiro 2025. O acto realizouse no salón de actos de Afundación, e contou con Rodrigo Hidalgo, organizador do certame, entre outras persoas.

A Asociación Cultural Festival Intercentros quíxolles agradecer a súa colaboración a todas as persoas e entidades que participan neste evento, con data e espazo aínda por determinar ao longo do próximo ano. “Hai que agradecer o traballo que levan a cabo as entidades sociais e benéficas da cidade, e por iso é importante este certame, que cada ano destina a recadación a diferentes organizacións que traballan pola igualdade”, sinalou Juan Ignacio Borrego. No 2025, as entidades beneficiais serán ABAC, Selvas Amazónicas e Banco de Alimentos Rías Altas.

O edil subliñou a súa satisfacción por seguir apoiando desde o Goberno de Inés Rey un evento que xunta o talento de mozos e mozas coa solidariedade. “É magnífico ver cada ano a tanta xente aplaudir o esforzo dos músicos e bailaríns que levan traballando todo o curso co seu profesorado”, destacou Borrego, quen animou a toda a cidadanía a asistir á vindeira edición.

Publicacións Relacionadas