HomeA CoruñaLete Lasa destaca a capacidade de adaptación do deporte galego no test...

Lete Lasa destaca a capacidade de adaptación do deporte galego no test de pretempada do Autonómico de Motociclismo que contará en cada proba con preto de 150 deportistas

- Anuncio -spot_img

Destaca que o Campionato de España de Minivelocidade “celebrarase por primeira vez en Galicia despois de seis anos procurando traelo á nosa comunidade” e que o Campionato do Mundo de Supermoto celebrará unha das súas etapas en Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu ao circuíto da Madalena de Forcarei onde se está a celebrar o primeiro test de pretempada do Campionato Autonómico de Motociclismo que contará, en cada proba con preto de 150 deportistas e que segundo o previsto itinerará tamén polos outros circuítos de velocidade de Galicia como Outeiro de Rei, A Pastoriza e As Pontes. Neste campionato participarán deportistas de Galicia, Asturias, Castela e León e mesmo Portugal.

Neste sentido, o secretario xeral gabou a capacidade de adaptación do deporte galego ás sucesivas normas de seguridade e hixiene así como a súa responsabilidade que hoxe permiten a celebración de eventos coma este.

Para escenificar esta historia de sacrificio e traballo constante, Lete Lasa recordou unha das figuras máis importantes do motociclismo galego como é a do lucense Jorge Prado que, tras ter que abandonar o final da tempada pasada por mor do coronavirus, “vén de demostrar hai uns días que está en plena forma coa súa vitoria na primeira proba de pretempada, mandando unha mensaxe aos seus rivais”.

Así tamén destacou que o Campionato de España de Minivelocidade “celebrarase por primeira vez en Galicia despois de seis anos procurando traelo á nosa comunidade” e que tras o éxito acadado en 2019 pola celebración dunha proba do Campionato de Europa de Supermoto, esta vez será o Campionato do Mundo o que celebre unha das súas etapas en Galicia. “As institucións nacionais e internacionais recoñecen o traballo feito en Galicia”, concluíu.

Publicacións Relacionadas