HomeA CoruñaMáis de 320 aspirantes participan nas probas físicas no proceso selectivo para...

Máis de 320 aspirantes participan nas probas físicas no proceso selectivo para acceder ao corpo de Policía Local

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde se está a levar a cabo hoxe e mañá o terceiro exercicio da oposición
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que hoxe e mañá acollen as probas de aptitude física no marco do proceso selectivo para o acceso a 94 prazas do corpo de Policía Local de 35 concellos galegos, ás que están convocados máis de 320 aspirantes.

Trátase do terceiro exercicio da oposición para os aspirantes que superaron a proba de coñecementos que se celebrou o pasado 26 de febreiro no primeiro proceso selectivo celebrado este ano no Recinto Feiral de Silleda e que ademais resultaron aptos na proba de coñecementos de lingua galega ou estaban exentos da súa realización.

A realización das probas físicas- velocidade, potencia de tren superior e inferior, resistencia xeral e natación- contará cun protocolo específico de prevención da covid-19 para garantir a máxima seguridade dos aspirantes e de todo o persoal.

Unha vez rematadas todas as probas da oposición, no mes de maio darán comezo as clases da 13ª promoción de policía local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A Xunta asinou en 2017 o protocolo de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) polo que se regula a cooperación da Xunta cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local, o que permite mellorar a súa profesionalización da Policía Local. Ata o de agora, 84 concellos dos 129 que contan con corpo de Policía Local xa delegaron na Xunta a selección dos seus policías

Publicacións Relacionadas