HomeA CoruñaMáis de medio cento de arqueiros participarán este domingo no “III Trofeo...

Máis de medio cento de arqueiros participarán este domingo no “III Trofeo de fin de escolas” de tiro con arco ao aire libre

- Anuncio -spot_img

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Anxo Grandal e Víctor Matesanz, vicepresidente e tesoureiro respectivamente do Club Arco Narón, o “III Trofeo de fin de escolas de tiro con arco” que se celebrará este domingo, día 16, no campo de fútbol de San Mateo. A convocatoria reunirá a partir das 9:30 horas e ata o mediodía a máis de medio cento de arqueiros procedentes de nove clubs de toda Galicia.

Os representantes do club local informaron que a maiores dos arqueiros do seu club participarán neste torneo outros dos clubs Arco Ferrol; The Cutarc Team da Coruña; do Cachamuiña de Ourense; de Flechas por un tubo, de Ponteceso; do Seurri de Lugo; do Universitario da Coruña; de Arqueros club de Cambre e do Arco Laracha. “Os arqueiros, de entre 3 e 60 anos, xogarán en once categorías diferentes”, apuntaron dende o Arco Narón, indicando que entre eles estarán algúns campións da selección galega –algúns deles do Arco Narón- e tamén dúas arqueiras con discapacidade, o que consolida a tan necesaria aposta e impulso ao deporte inclusivo.
A competición será unha das dúas que se realizan ao ano ao aire libre en Galicia, segundo apuntaron, e agárdase que acudan numerosas persoas para animar aos participantes.

O edil de Deportes de Narón destacou o traballo do club Arco Narón e a súa aposta por continuar impulsando o deporte, neste caso o tiro con arco, na cidade. Santalla valorou o compromiso do club e tamén recordou que próximamente os arqueiros e arqueiras terán á súa disposición o novo campo de tiro con arco de Río do Pozo, unhas instalacións que supuxeron un desembolso duns 400.000 euros.

Publicacións Relacionadas