HomeA CoruñaMedio Ambiente invita á FEGAMP a apoiar a carta aberta que xa...

Medio Ambiente invita á FEGAMP a apoiar a carta aberta que xa defenden dez autonomías para fear a inclusión do lobo no LESRPE

- Anuncio -spot_img

As catro comunidades ao norte do río Douro enviaron ao Goberno central o manifesto que tamén secundan as organizacións agrarias

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou esta mañá a Federación Galega de Municipios e Provincias a sumarse e apoiar o contido da carta aberta, que Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León xa remitiron ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e ao Ministerio de Agricultura, co fin de frear a inclusión do lobo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe).

Na actualidade, xa son dez as autonomías que apoian este escrito, pois País Vasco, Aragón, Madrid, Murcia e Andalucía e a cidade autónoma de Ceuta –ademais das organizacións agrarias – trasladaron esta semana o seu o respaldo á postura que manteñen as rexións ao norte do Douro.

Nese sentido, a conselleira solicitou á Fegamp que dea traslado do contido deste manifesto aos concellos galegos e poidan coñecer de primeira man os motivos polos que a Xunta solicita ao Estado unha reflexión sobre as consecuencias de incluír esta especie no Lesrpe.

Avanzou que a Xunta intentará que outras administracións, entidades, organismos e colexios profesionais se sumen ao escrito no que se recoñece a disposición das comunidades a xestionar o lobo ibérico, pero desde o respecto ao mundo rural, na coexistencia e na convivencia.

Publicacións Relacionadas