Amplíase a vixencia da cesión, que tamén contempla a asunción, por parte do Concello, dos gastos de conservación e do consumo eléctrico
Tal e como se tiña avanzado na xuntanza celebrada a finais de agosto co tecido asociativo, o Concello de Neda completaba esta semana a sinatura dos novos convenios de colaboración coas entidades e asociacións do municipio para a cesión dos 17 locais municipais por espazo de 5 anos, reforzando a estabilidade do labor que desenvolven.
Amplíase deste xeito de tres a cinco os anos de vixencia do acordo para ceder ás asociacións os locais de titularidade municipal nos que desenvolver as súas reunións, encontros e actividades. Así mesmo, o Concello asume os gastos de conservación das instalacións e tamén os de consumo eléctrico. Unha axuda fundamental na actualidade.
Os acordos tamén establecen que será responsabilidade das asociacións as tarefas de limpeza. No caso das entidades de carácter cultural, asumen o compromiso de
desenvolver dúas actuacións ó ano para o concello ou dpara outras entidades d localidade.




