HomeA CoruñaO Concello concede o 100% das axudas solicitadas polas asociacións para organizar...

O Concello concede o 100% das axudas solicitadas polas asociacións para organizar as festas tradicionais dos barrios

- Anuncio -spot_img

Un total de 22 entidades disporán de 408.000 euros para a celebración das súas festas patronais

O Concello acaba de conceder a 22 entidades veciñais un total de 408.000 euros que se destinarán a organizar e celebrabrar das festas tradicionais de cada barrio. O Concello abriu este ano un novo sistema, en concorrencia competitiva, para que todas as asociacións solicitasen ata un máximo de 20.000 euros cada unha para organizar as súas festas.

A Concellaría de Cultura e Turismo concedeu finalmente o 100% dos fondos solicitados por todas e cada unha das entidades para a organización dos eventos. Só houbo dous casos nos que foron rexeitadas parcialmente as solicitudes, porque ambas incumprían as bases: unha delas por solicitar fondos a maiores para unha festa no Nadal e outra por pedilos para o San Xoán. As subvencións están deseñadas unicamente para apoiar nas festas tradicionais e patronais, e non para outro tipo de eventos.
“Coido que con esta ferramenta dotamos a todas as asociacións dos fondos necesarios para organizar as festas tradicionais de todos e cada un dos barrios, e ademais damoslles total liberdade a todas as entidades para que cada unha delas decida que contidos considera máis acaídos para as súas celebracións”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O Concello contou para este ano co maior orzamento aprobado até o de agora para este tipo de celebracións, 500.000 euros. Finalmente, as solicitudes das entidades sumaron 408.000 euros. Así, cada asociación poderá desenvolver integramente a programación que tiña prevista.

ENTIDADE FESTA IMPORTE SOLICITADO E CONCEDIDO (€)
ASOC DE VECIÑOS DO VENTORRILLO Festas Ventorrillo 20.000,00
ASOCIACIÓN VECIÑAL AGRA Foliagra 15.670,97
ASOC DE VECIÑOS PERULEIRO-MARIÑEIROSFestas do Carmen 13.054,96
4 5 6 ASOC DE VECIÑOS Y COMERCIANTES SAGRADA FAMILIA ASOC DE VECIÑOS DE PEDRALONGA ASOC DE VECIÑOS MONTE MARTELO Festas Sagrada Familia Festas Pedralonga Festa de barrio Monte Martelo18.029,79 12.807,20 20.000,00
ASOC DE VECIÑOS CASTRILLÓN SOTO IARFesta do Castrillón-Soto iar20.000,00
ASOC DE VECIÑOS MESOIRO E VÍO Festas barrio Mesoiro 17.290,00
ASOC DE VECIÑOS BENS-PENAMOA Festas barrio Bens 20.000,00
10 ASOC DE VECIÑOS OZA GAITEIRA OS CASTROSRomaría dos Castros 20.000,00

11 ASOC DE VECIÑOS OZA GAITEIRA OS CASTROSLembranza Rock 20.000,00
12 ASOC DE VECIÑOS OS MALLOS PLATAFORMAOs Mallos en festa 19.970,00
13 ASOC DE VECIÑOS MONELOS-FUENTE MAJARITASFestas do verán 14.011,02
14 ASOC DE VECIÑOS Y COMERCIANTES FALPERRADía do comercio na rúa 17.850,00
15 16 ASOC DE VECIÑOS CULTURAL E DEPORTIVA LOS ROSALES PLATAFORMA VECIÑAL BARRIO DE LAS FLORESFestas patronais Festa dos Mallos Barrio Flores20.000,00 20.000,00
17 ASOC DE VECIÑOS CIDADE VELLA-MªPITAFestas do Rosario 20.000,00
18 ASOC DE VECIÑOS FRANCISCO RODRÍGUEZ OTEROFesta dos porcos 20.000,00
19 ASOC DE VECIÑOS ATOCHAS, MONTE ALTO, TORRE DE HÉRCULESFestas barrio Monte Alto20.000,00
20 ASOC DE VECIÑOS PALASOC DE VECIÑOSEA OS NOSOS LARESFestas de barrio 20.000,00
21 ASOC DE VECIÑOS OS REXUMEIROS CASTRO DE ELVIÑAFestas S. Vicente de Elviña20.000,00
22 ASOC DE VECIÑOS EIRÍS UXÍO CARRÉ Festa da fresa 20.000,00

Publicacións Relacionadas