HomeA CoruñaO Concello dá luz verde á creación dun centro de día na...

O Concello dá luz verde á creación dun centro de día na Casa do Oleiro de Buño por preto de 300.000 euros

- Anuncio -spot_img

• A corporación municipal celebrou esta tarde un pleno no que se aprobou o proxecto de mellora da infraestrutura para destinala a este fin.

• As instalacións terán capacidade para albergar a unha vintena de residentes.

O Concello de Malpica aprobou no pleno da tarde de onte a creación dun centro de día na Casa do Oleiro de Buño por un importe de 272.170 euros cofinanciados coa Xunta de Galicia. As instalacións actuais reformaranse para acoller ata unha vintena de persoas usuarias.

Esta intervención responde a unha demanda veciñal histórica que permitirá incrementar os servizos de coidado á veciñanza no termo municipal. Houbo unanimidade neste punto.

No pleno tamén se debateu a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que contou co respaldo da totalidade da corporación municipal. Segundo este plan, o Concello de Malpica comprométese a reducir as emisións
de CO2 no seu termo municipal nun 40%.

Está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Os primeiros pasos consistirán na elaboración dun Inventario de emisións de referencia de dióxido de carbono que cuantifique as emisións deste gas debidas ao consumo de enerxía no territorio, para posteriormente realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas.

Aprobouse por unanimidade o suplemento de crédito para o 2021, cun valor de 295.279,43 euros para pago a proveedores.

Moción pola Confraría de Pescadores

A corporación de Malpica presentou unha moción para promover unha declaración institucional do Concello de Malpica co obxecto de demandar a eliminación das modificacións do Regulamento de Control Europeo da UE con respecto á frota artesanal. Por mor da modificación do Regulamento de Control aprobado polo Parlamento Europeo o pasado mes de febreiro, supón a introdución de aspectos novidosos no Regulamento polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da PPC, e os que causarán graves prexuízos para os intereses da frota de pesca artesanal galega. Contou coa unanimidade de todos os grupos.

O alcalde, Walter Pardo, sinalou respecto a esta moción “o complicado de instalar mecanismos para controlar a pesca sobre todo en condicións climatolóxicas adversas. Instalar cámaras para controlar a cuota é unha locura para as embarcacións”, sentenciou.

Moción do PP para instalar ventanas na Escola de Barizo

O Partido Popular de Malpica presentou unha moción para instalar ventanas na Escola de Barizo, proxecto no que xa estaba a traballar o goberno local logo de oito anos de completa desatención. Os grupos socialista, popular e nacionalista votaron a favor, namentres que o representante do grupo non adscrito, Alfredo Cañizo, votou en contra da moción.

Publicacións Relacionadas