HomeA CoruñaO Concello de Miño establecerá un convenio cunha protectora para o control...

O Concello de Miño establecerá un convenio cunha protectora para o control de colonias felinas

- Anuncio -spot_img

A través deste acordo achegaráselles unha axuda económica para sufragar os gastos das esterilizacións e tamén se lles facilitarán os materiais para crear unhas pequenas casetas onde deixar os alimentos.
Desde que entre en vigor este convenio calquera veciño ou veciña de Miño que queira participar na alimentación dos gatos rueiros terá ser voluntario ou voluntaria desta asociación.
O Concello de Miño levará ao pleno ordinario deste xoves, 18 de febreiro, a aprobación dun convenio cunha protectora de animais para que se encargue da xestión e o control das colonias felinas do municipio.
O obxectivo é diagnosticar e controlar, dunha forma lóxica e ordenada, a proliferación de gatos rueiros no termo municipal. Isto farase a través do método CES: captura, esterilización e solta.
A través do acordo que se formalizará este xoves o Concello achegará unha pequena axuda económica para sufragar os gastos derivados das esterilizacións. A protectora tamén se encargará da alimentación dos felinos e, para iso, facilitaránselles unhas pequenas estruturas para que sirvan como unha especie de caseta na que se depositarán os alimentos indicados.
Desde que entre en vigor este convenio calquera veciño ou veciña de Miño que queira participar na alimentación dos gatos rueiros terá ser voluntario ou voluntaria desta asociación e daranlles unha serie de normas, co obxectivo de facelo de forma organizada. Por exemplo, só poderase dar alimento seco e sempre nos lugares destinados para iso.

Publicacións Relacionadas