HomeA CoruñaO filme 20.000 especies de abejas proxéctase no Elma no 5 de...

O filme 20.000 especies de abejas proxéctase no Elma no 5 de decembro

- Anuncio -spot_img

O Elma volverá converterse nunha sala de cine coa proxección dun novo filme dentro da programación cinematográfica deseñada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal para finais do 2024 e primeira metade do 2025. A este respecto, a edil Patricia Lojo, declara que “esta axenda centrada no celuloide pretende recuperar outra parte da esencia do Elma. Por iso, temos sete películas recentes e premiadas do ámbito galego, nacional e internacional.”

No xoves, 5 de decembro, ás 21.00 horas, toca asistir ao segundo convite á gran pantalla con 20.000 especies de abejas. Esta narra a historia de Cocó, unha nena trans na busca da súa identidade. A súa nai, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde se crían abellas e se produce mel. Ese verán cambiará as vidas das mulleres de tres xeracións distintas.

A entrada é libre ata completa-la cabida.

Publicacións Relacionadas