O executivo sinalou que se presentou un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao sobresemento e arquivo desta causa.
O alcalde, Javier Gestal, desmentiu, durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá, que o Concello destinase 18.000 euros para denunciar estes feitos, tal e como os populares publicaron en múltiples ocasións.
Así mesmo, o rexedor esixiu ao portavoz do PP unha explicación sobre por que as obras neste punto non foran concluídas tal e como recollía o proxecto inicial.
O Concello de Carral celebrou, esta mañá, un pleno extraordinario a solicitude de 5 concelleiros da oposición -4 do PP e a concelleira non adscrita-. Durante a sesión, pediuse información sobre a situación actual do procedemento xudicial contra o portavoz do PP con respecto ao proxecto da rúa Souto Castiñeiros de acceso ao IES de Carral. Durante a súa intervención, o alcalde, Javier Gestal, pediu ao PP que non dese por finalizado o expediente ata que “ou auto do xulgado non sexa firme” e lembrou que se interpuxo un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao sobresemento e arquivo desta causa.
Este procedemento iniciouse a raíz do interese do Concello en executar un tramo de beirarrúas de, aproximadamente, uns 70 metros, na zona de acceso ao IES de Carral. Con todo, a realización destas obras xa fora obxecto de subvención no seu momento, sendo alcalde o portavoz do Partido Popular. O Concello decidiu entón informar destes feitos ao Ministerio Fiscal, que iniciou a acusación. Co obxectivo de defender os intereses dos veciños e veciñas, procedeuse a sacar a licitación –por medio dun contrato menor- a contratación dun avogado. Neste punto, aclarouse que, a pesar das múltiples informacións vertidas polo PP, a contratación deste profesional non custou 18.000, senón 847 euros.
O rexedor pediu ao portavoz popular que explicase que se fixo en rúa Souto Castiñeiros e se o resultado das obras correspondíase co proxecto inicial. Gestal lembrou que o vial actual non mide 5 metros, que faltan a metade dos farois proxectados e que a beirarrúa prevista –de 1,5 metros a cada lado- ten, en realidade, 85 centímetros. O alcalde sinalou a intención do goberno de “seguir comunicando todas as irregularidades que percibamos e que poidan supor un prexuízo para vos veciños e veciñas de Carral”.
Posto de Tesourería
O pleno serviu para aprobar, de forma definitiva, a creación dun servizo de tesourería conxunto cos Concellos de Abegondo e Bergondo. Ata o de agora, estes Concellos contaban con habilitados nacionais en Secretaría e Intervención, pero non en Tesourería, @teniendo en cuenta a carga de traballo existente -tanto Carral como Abegondo e Bergondo teñen boa parte da recadación delegada na Deputación provincial da Coruña-. Por esa razón, os tres concellos apostaron por compartir o servizo cun mesmo habilitado. Este asunto foi aprobado por unanimidade da corporación municipal.
Así mesmo, o pleno deu luz verde á adhesión do Concello de Carral ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Esta asociación sen ánimo de lucro aglutina a Concellos e a institucións tanto públicas como privadas que buscan promover o desenvolvemento e contribuír á erradicación das desigualdades nos países empobrecidos. Este asunto aprobouse por unanimidade da corporación.




