A Concellaría de Cultura de Moeche publicou a semana pasada a galería de fotos e vídeos enviados ao concurso de Entroido “E ti, quen vés sendo?” co que o consistorio reconverteu a un formato virtual a celebración da tradición. No certame participaron 15 persoas optando a cinco premios en distintas categorías segundo os “gústames” que obtivesen en Facebook.
Na categoría infantil, os 3 disfraces con máis votos por parte dos seguidores da páxina de Facebook do Concello de Moeche foron o de Noe Fraga, vestida como unha vendedora da feira; o de Efrén e Gael Vilariño, disfrazados de pezas de dominó, e o de André Casas ataviado como unha “Geisha modestina”. Todos eles terán un vale de 20€ para gastar en Librería Brétema.
Por outra banda, “Ambrosio e Maruxa facendo exercicio no confinamento” -participantes na categoría adulta-, levaron un vale de 50€ canxeable en Mercería “O Comercio” .
Na categoría de comparsa musical os premiados foron a Alexis e José Manuel López cun vídeo titulado “O show de Rockefeller e Moreno”. Levan de agasallo un vale de 80€ valedoiro para gastar en Calzados Hermógenes.




