Alternativa critica a posible opacidade e improvisación no repentino peche da instalación cultural municipal.
Alternativa esixiu información sobre a situación, posto que o comunicado produciuse só un día despois de que o grupo municipal solicitaase información sobre o servizo durante a sesión plenaria e tamén uns días despois de ter mantido unha reunión cos grupos que empregan as instalacións.
Segundo traladou o executivo local o peche estaría motivado por unha problemática relacionada coa insonorización acústica da instalación. Porén desde Alternativa consideran moi preocupante a forma na que se xestionou esta situación, tanto pola falta de información previa aos grupos que empregan o espazo como pola ausencia de transparencia institucional durante o pleno.
O grupo lembra que tan so unha semana antes o goberno mantivo un encontro cos grupos que ensaian na instalación, en relación a cuestións vinculadas ao Rock in Cambre, sen que nese momento se lles trasladase ningunha advertencia sobre un posible peche inminente.
Ademáis, Alternativa sinala que o día anterio ao comunicado preguntou expresamente no pleno pola situación actual do servizo e a pesar de expoñer as queixas dunha veciña por ruido, o executivo non ofreceu información algunha sobre a decisión que adoptada ao día seguinte.
Alternativa xa esixiu información detallada sobre a situación e insta ao executivo local a unha rápida reubicación para que os grupos non teñan que parar a súa actividade cultural.




