HomeA CoruñaOs veciños e veciñas de Carral elixen o nome rúa das Panadeiras...

Os veciños e veciñas de Carral elixen o nome rúa das Panadeiras para bautizar un lugar público do municipio

- Anuncio -spot_img

O proceso participativo que o Concello organizou para conmemorar o Día da Muller recibiu máis de 200 votos por parte da cidadanía.
O Concello de Carral bautizará unha rúa, praza ou lugar público do municipio co nome de rúa das Panadeiras. Esta foi a proposta veciñal máis votada no proceso participativo que o Concello puxo en marcha para conmemorar o Día da Muller. A iniciativa realizouse a través da app Cuida Carral, e recibiu unha vintena de proposicións e máis de 200 votos.
O goberno local sinala que a intención deste proceso de participación era “levar a igualdade ás rúas e conseguir que houbese máis puntos do municipio cun nome de muller”. O executivo celebra a elección da cidadanía, sobre todo tendo en conta que “enxalza o labor e a tradición dun colectivo fundamental para Carral como son as panadeiras”.
Desde o equipo de goberno indican que o bautismo se realizará en canto se atope o lugar adecuado e atendendo á evolución da situación sanitaria.

Publicacións Relacionadas