HomeA CoruñaA CoruñaPalexco pecha 2023 con cifras históricas

Palexco pecha 2023 con cifras históricas

- Anuncio -spot_img

● Más de 87.000 persoas visitaron o Palacio de Congresos en 2023, unha cifra récord en canto a asistencia

● Celebráronse 21 congresos multisectoriais –un 50% máis que o ano pasado–, 91 eventos profesionais, 9 eventos culturais e 14 sociais

● As cifras superan amplamente as de anos anteriores, e as previsións para 2024 son igualmente optimistas

Palexco pechou o ano 2023 con cifras históricas de asistencia e de celebración de eventos. O Palacio de Congresos da Coruña acolleu un total de 21 congresos multisectoriais, que supoñen un 50% máis que o ano anterior; así como 91 eventos MICE (convencións, presentacións, eventos corporativos e xornadas profesionais); 9 eventos culturais e 14 sociais.

Todas estas citas atraeron ás instalacións de Palexco a máis de 87.000 asistentes, unha cifra récord de visitantes que supera amplamente a de anos anteriores –en 2022 foron 78.800 as persoas que asistiron a algún dos seus eventos–.

A incidencia do turismo profesional, en concreto congresual, reverte claramente na actividade económica e empresarial da cidade, posto que o gasto medio do turismo de negocios é potencialmente superior ao do turismo social. Ademais, propicia que os profesionais volvan á cidade coas súas familias. De aí a importancia de fomentar e apoiar a captación de congresos na cidade por parte non só da empresa privada, senón tamén das institucións públicas implicadas –Concellería de Turismo, Consorcio de Turismo, A Coruña Convention Bureau, #etc…–.

Este balance a peche de 2023, con cifras récord, compleméntase cunhas moi boas previsións de fronte ao 2024. A directora de Palexco, Juana Abellaneda, valora positivamente a situación do proxecto: “As cifras demostran que 2023 foi o ano da recuperación definitiva, despois dunha época complicada tras a pandemia; pero soubemos remontar e estamos moi satisfeitos co peche deste ano. Terminamos 2023 cun 5 sobre 5 nas enquisas de satisfacción sobre localización, profesionalidade, organización, hostalería, equipamento e servizos, polo que podemos estar moi orgullosos do traballo ben feito. Ademais, somos moi optimistas para 2024, un ano que vén cargado de eventos. Contamos cos mellores espazos na Coruña e un equipo humano inmellorable para organizalos da mellor maneira posible”, asegura Abellaneda.

O Palacio de Congresos da Coruña consolídase como o lugar por excelencia para a organización de calquera tipo de evento na cidade. A súa aposta desde 2019 por dotar ao espazo dun equipamento técnico punteiro fixo posible que o escenario do auditorio poida albergar concertos e espectáculos de renome. Ademais, a reforma do salón Sotavento permite organizar todo tipo de eventos sociais, personalizando o tamaño, ambientación, deseño e servizo, cunhas vistas impresionantes e unha terraza sobre o mar. A oferta gastronómica suma en canto a calidade e coidado no servizo, adaptándose á tipoloxía do evento e ás necesidades do cliente.

Palexco

Palexco álzase a beiras do mar, no corazón da Coruña, rodeado das emblemáticas galerías, a mariña deportiva, o peirao de transatlánticos, o centro histórico… e a un paso dos mellores hoteis, tendas e restaurantes da cidade. A luz e a amplitude que apunta o exterior do edificio desbórdase ao acceder ao interior e non deixa indiferente aos congresistas e clientes que pasan por el. A súa arquitectura moderna e vangardista presenta espazos diáfanos, luminosos, amplos e con excepcionais vistas, perfectos para organizar calquera tipo de evento.

Publicacións Relacionadas