HomeA CoruñaPresentación do Rei da Granxa Volei Fest 2025

Presentación do Rei da Granxa Volei Fest 2025

- Anuncio -spot_img

Presentación do Rei da Granxa Volei Fest 2025, o torneo de volei praia que se celebrará este sábado e domingo en San Sadurniño. Nela participaron -na foto, de esquerda a dereita-, o Director Técnico da FGV, Charly Suárez; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal; Marcos Blanco Couce, xogador do Aldebarán-Intasa e principal organizador do evento; o concelleiro de Deportes, Manel Martínez; e o responsable do Mesón A Granxa -lugar onde se xogarán os partidos-, Manuel Romero Castrillón.

Os partidos amadores desenvolveranse desde primeira hora da tarde do venres até aproximadamente as 4 da mañá.

O torneo federado arrancará o domingo ás 9 da mañá, con figuras de relevancia galego e estatal tanto en masculino como en feminino. Este torneo é parte do circuíto galego e agárdase que nun futuro poida selo tamén do estatal.

Entre as dúas competicións sumarán arredor de 110 deportistas: 18 equipos -integrados por entre 3 e 5 persoas- no torneo amador, e 28 parellas federadas no torneo do domingo. 

Cambio de lugar no concerto de Iria Folgado

A maiores, enviamos cartel para rrss da presentación do disco “Ecos de Breogán” de Iria Folgado Dopico do venres ás 12:00h, incorporando unha pequena modificación no emprazamento. E é que o departamento de Cultura e a intérprete decidiron pasar o concerto para o patio interior da Casa do Concello -s ysn dó und metros dos xardíns-, ante a previsión de que o sol puidese afectarlle á delicada afinación dos instrumentos. Ademais, na decisión adoptada onte tamén pesou a boa acústica que ofrece o espazo.

Publicacións Relacionadas