HomeA CoruñaRey agradécelle aos gañadores do In-Troido que mantiveran vivo o espírito choqueiro

Rey agradécelle aos gañadores do In-Troido que mantiveran vivo o espírito choqueiro

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa da Coruña, acompañada da representante dos Kilomberos de Monte Alto e membro do xurado, Pily Ferreiro, entregou os premios do concurso de disfraces In-Troido no Salón de Sesións do Pazo de María Pita
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada da
representante dos Kilomberos de Monte Alto e membro do xurado, Pily Ferreiro, fixo
entrega dos premios do concurso de disfraces In-Troido as persoas gañadoras
deste certame en liña organizado polo Concello da Coruña a través das súas redes
sociais. As e os premiados recolleron os seus cheques regalo para gastar no
comercio local da cidade e nos supermercados Gadis.
Rey agradeceulles a súa participación, creatividade e posta en escena: “Grazas por
facer que esta festa se vivise nas redes, que todas e todas colléramos folgos vendo
a vosa escenografía e anímovos a que o ano que vén sigades compartindo con nós
esa actitude de festa que tanto necesitamos”. A rexedora destacou que a “a raíz e a
tradición son firmes e o espírito do entroido está aí, esperando saír de novo á rúa” e,
dixo, “vendo os traxes que ensinastes para o concurso puidemos comprobar que
nada nos desvinculará nunca desta festa”.
A alcaldesa gabou a actitude das persoas participantes, algo “importantísimo sobre
todo nestes momentos”, porque o entroido “é máis ca un disfrace, é precisamente
iso, a actitude”.
PREMIADOS/AS:
0-6 años
1.º premio: Barbie Peina y Maquilla Edición Limitada.
2.º premio: Charles e a Queen.
3.º premio: Tintín y Milú.
4.º premio: O tren que me leva.
7-12 años
1.º premio: Mellor con máscara… por favor.
2.º premio: Merienda con la Reina de Corazones.

  • 13 años
    1.º premio: Xenio desconfinado.
    2.º premio: Emilia Pardo Bazán.
    3.º premio: Asalto ó Capitolio na miña casa.
    4.º premio: Viaxando coa mente e a unha orella hincándolle o dente.
    Grupal
    1.º premio: El DOGa trae nuevas noticias… resumiendo #QuedateEnCasa.
    2.º premio: Pop Art Style.
    3.º premio:¡Qué nervios, se me ha caído un diente!
    4º PREMIO: Keep on going!

Publicacións Relacionadas