HomeA CoruñaRey destaca a aposta do Concello por unha educación inclusiva, diversa e...

Rey destaca a aposta do Concello por unha educación inclusiva, diversa e integral

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa participou esta tarde no primeiro foro “Pensando en educación”, que abriu o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, no Paraninfo da Universidade A
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde na apertura do primeiro Foro de Educación “Pensando en educación”, que se celebrou no Paraninfo da Universidade e en que o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, afondou sobre os retos educativos actuais. A rexedora sinalou durante o acto que este encontro organizado polo Concello se concebiu como unha oportunidade excelente para abordar un debate que está permanentemente aberto: “Celebralo é tamén a nosa aportación para seguirmos perfeccionando unha educación inclusiva, diversa e integral”. Deste xeito, afirmou que o Goberno municipal asumiu como reto reactivar o compromiso coa educación a través da Rede de Cidades Educadoras, “onde volvimos xogar un papel activo” e engadiu que esa implicación se constata tamén na oferta de programas específicos educativos, culturais ou deportivos para estudantes, ou nas actividades extraescolares a través das AMPAS, “que complementan os aspectos puramente curriculares”. Así mesmo, a alcaldesa recordou que neste último ano “tivemos a oportunidade de reafirmarmos este compromiso, cando o Concello reaccionou cos medios que tiñamos e co apoio da comunidade educativa e a colaboración de centenares de voluntarias/os, ante o evidente risco de que o confinamento ensanchara a brecha social dificultando o acceso á continuidade da formación de nenas e nenos, en Nota de Prensa particular ás e aos máis desfavorecidos”, asegurou Rey. Na conferencia inaugural tamén interviñeron a vicerreitora de planificación académica e innovación da UDC, Nancy Vázquez; e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín. A seguinte cita do foro terá lugar da man de Amelia Valcárcel, conselleira electiva de Estado e vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado, que estará o 27 de abril para tratar “A civilización feminista”. As persoas interesadas en asistir á charla poderán retirar as invitacións días antes a través da web do Concello ou ben seguila por streaming.

Publicacións Relacionadas