HomeA CoruñaSoledad felloza actuará na Biblioteca Municipal de Fene este sábado no Día...

Soledad felloza actuará na Biblioteca Municipal de Fene este sábado no Día da Narración Oral

- Anuncio -spot_img

Xa está aberto o prazo para anotarse na sesión de contactontos que terá lugar este
sábado, 20 de marzo, ás 12.00 horas na Biblioteca Municipal de Fene para conmemorar
o Día da Narración Oral. A actividade, que contará coa actuación da narradora Soledad
Felloza, vai dirixida a público de Infantil e Primaria ate completar o aforo previsto de 30
persoas, entre nenos/as e pais/nais. Para apuntarse cómpre chamar á biblioteca de Fene
(Tfno. 981 34 23 02) en horario de luns a xoves, de 16.00 a 21.00 horas.
O Día internacional da Narración Oral en Galicia está organizado polo Festival
Internacional de Narración Oral Atlántica, coa colaboración do Festival de Narración
Oral de Pontevedra “Sete Falares” e do Festival “Falando a Boca Chea” de A Coruña,
así como coa participación do colectivo de narradoras e narradores orais de Galicia,
NOGA
Un pouco de historia
No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz,
manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase cada 20 de marzo,
coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia xa vai
para trinta anos e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.
Neste 2021 os narradores e narradoras galegas súmanse a esta celebración municipal
“contando” na nosa fala e cun manifesto que elaborou para este día a escritora Fina
Casalderrey.
Alén diso, todos os narradores teñen previsto espallarse o vindeiro sábado por toda a
xeografía galaica conscientes de que, “nestes tempos de illamento, as historias axudan a
identificarse e a reconciliarnos coa condición humana, e mesmo acompañan a quen se
sente só, desvalido ou, simplemente, a quen precisa rir e celebrar”

Publicacións Relacionadas