HomeA CoruñaTurismo impulsa a constitución do Convention Bureau e adxudica as conexións aéreas...

Turismo impulsa a constitución do Convention Bureau e adxudica as conexións aéreas con Madrid e Bilbao

- Anuncio -spot_img

Na Xunta de Goberno do Consorcio desta mañá, aprobouse a participación no padroado fundacional do Convention Bureau, da man do sector turístico, nunha colaboración público-privada que reforzará A Coruña como destino de referencia MICE no turismo de congresos
A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como “grandes avances tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe” e constatou “conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo de congresos”
A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo aprobou formar parte na constitución do Convention Bureau A Coruña, unha fundación de promoción técnica especializada en reforzar a imaxe da Coruña como destino de referencia no turismo de congresos.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como “grandes avances
tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe” e constatou
“conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo
de congresos”.
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou que o crecemento e
retorno deste turismo de congresos “suporá un importante impacto económico para
a cidade”. O concelleiro tamén apuntou que o feito de crear unha ferramenta de
atracción de congresos e reunións de alto nivel á cidade “axudará a compensar a
estacionalidade” e ao facerse xunto co sector turístico coruñés “resolve unha Nota de Prensa
demanda histórica no avance da gobernanza compartida na promoción da nosa
cidade e de impulso da actividade económica que implica”, prioridades que a
alcaldesa Inés Rey fixara como estratéxicas para desenvolver desde o Consorcio de
Turismo.
O Plan estratéxico de Turismo 2017 – 2020 formuláballe ao Consorcio a creación do
Convention Bureau baixo a figura de fundación de interese galego sen ánimo de
lucro, no que o Consorcio será un membro máis, cumprindo cun dos seus fins que é
favorecer a colaboración público-privada na xestión do turismo da Coruña e a
cooperación con outras entidades turísticas da contorna.
A decisión de formar parte do padroado do Convention Bureau foi votada por
unanimidade (como o resto de asuntos da orde do día desta Xunta de Goberno) e
foi aplaudida e moi valorada nas distintas intervencións dos representantes do
Consorcio: Cámara de Comercio, Autoridade Portuaria e PSdG, PP e Marea
Atlántica.
A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo tamén lle adxudicou o contrato de
promoción para a conexión aérea entre Alvedro e Bilbao á aeroliña Volotea e o da
Coruña co aeroporto de Madrid á aeroliña Iberia, nos correspondentes
procedementos de licitación.
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou que estas adxudicacións
“estabilizarán a conexión aérea da Coruña co seu principal hub -Madrid- e co de
Bilbao, na procura de enlazar Alvedro co sur de Francia”, nuns tempos ben
complexos para o futuro da navegación aérea nos que “Alvedro ten que reforzarse
para volver canto antes á senda de crecemento que presentaba antes da
pandemia”.

Publicacións Relacionadas