A Banda da Loba abrirá o cartel o venres 26 de marzo presentando en Brión o seu último traballo: “Fábrica de luz”, unha homenaxe en torno á figura da nai entendida nun sentido amplo, é dicir, a lingua, a terra e a propia muller. O sábado 27 é a quenda de Leilía e o seu espectáculo “CantarElas 2020”. Trátase dun concerto que repasa os temas máis emblemáticos dos máis de trinta anos deste grupo de mulleres. Finalmente, o domingo 28 de marzo, Pelepau pechará este ciclo de concertos co seu último traballo: “Na beira”, un espectáculo interactivo e dinámico a través destes once percusionistas procedentes de Vigo.
Estes tres concertos están organizados polo Concello de Brión e subvencionados pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. As persoas que finalmente asistan deberán utilizar máscara durante todo o espectáculo, respectar a distancia de seguridade, utilizar os dispensadores de hidroxel á entrada do concerto e manterse sentada na súa butaca ata que remate o espectáculo e as persoas responsables da organización lle indiquen por onde abandonar o recinto.




