HomeA CoruñaUnha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista...

Unha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista de emprego de oficial de mantemento- conserxe

- Anuncio -spot_img

Un total de 34 persoas participan no proceso selectivo, convocado polo Concello de Neda, para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino ou persoal laboral temporal de prazas de oficial mantemento- conserxe. Unha vez completada a fase de concurso, o próximo día 30 de xaneiro terá lugar o primeiro dos exames da oposición.

A convocatoria permitirá á administración local dotarse dunha lista de emprego da que tirar para a cobertura destes postos, de forma temporal, no caso de vacantes, baixas, vacacións, exceso ou acumulación de tarefas, ou a execución de programas de carácter temporal.

As bases da convocatoria recollen como posibles funcións a desenvolver a apertura, peche e control do acceso a dependencias municipais; tarefas de auxilio á función administrativa; a xestión do taboleiro de anuncios; a clasificación do correo, recepción e inventario de produtos; atención ao público, e tarefas de mantemento e acondicionamento de edificios municipais (nocións básicas de carpintería, fontanería, xardinería)

As persoas candidatas- 26 homes e 8 mulleres- tiveron ocasión de sumar puntos, grazas á experiencia previa e á formación específica acumulada, e agora deberán superar a oposición, que arrancará coa proba teórica o 30 de xaneiro, a partir das 12 horas, no centro cívico de Neda. En total, terán que superar tres exercicios (un tipo test, un exercicio práctico e a proba de coñecemento do galego, no caso de non acreditar o coñecemento da lingua).

Publicacións Relacionadas