HomeA CoruñaUnha zona fan para todas as idades instalarase esta fin de semana...

Unha zona fan para todas as idades instalarase esta fin de semana en Riazor para animar os días previos ao partido España-Bélxica

- Anuncio -spot_img

O domingo haberá unha pantalla xigante para poder seguir a final da Eurocopa masculina entre a Selección e Inglaterra

As entradas para o partido están a venda a prezos populares en tickets.rfef.es

Con motivo do encontro de clasificación para a Eurocopa de Nacións feminina do 2025 entre España e Bélxica do martes 16 de xullo (19.00 horas), a RFEF e o Concello instalarán esta fin de semana unha zona fan na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, con actividades para todos os públicos. O obxectivo desta iniciativa é animar o público a asistir a este encontro, que será a segunda visita da selección feminina ao estadio de Riazor. As entradas xa están á venda e pódense mercar en tickets.rfef.es.

Este espazo estará aberto á cidadanía e contará con actividades para todas as idades. O horario de apertura ao público será, tanto sábado coma domingo, de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Todas as persoas que se acheguen ata a zona fan poderán gozar de diversas actividades como un campo de fútbol 3×3, un “chutómetro”, futbolíns, zona de e-sports, photocall, música en directo, animadores e retos con influencers para todos os públicos.

Ademais, a zona fan contará cunha exposición das tres copas do mundo logradas polas seleccións femininas (sub-17, sub-20 e absoluta) e o trofeo da Women’s Nations League conquistado por España o pasado 28 de febreiro. Todas as persoas que se acheguen a este espazo poderán participar en concursos e retos con agasallos. O domingo ás 21.00 horas retransmitirase a gran final da Eurocopa 2024 entre España e Inglaterra a través dunha pantalla xigante instalada para a ocasión.
Por outra banda, continúa instalada no Obelisco ata o martes que vén a mostra fotográfica sobre a vitoria do Mundial 2023 por parte da Selección. Baixo o título ‘Camino hacia laEstrella’, os coruñeses e coruñesas poden ver algunhas das imaxes máis representativas deste fito histórico para o fútbol nacional.

Publicacións Relacionadas