54 clubs de piragüismo, remo e vela de 23 concellos da provincia serán beneficiarios das axudas “para deportes nos que somos una gran potencia”
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións por valor de medio millón de euros dirixidas ao deporte náutico da provincia, “no que somos –en palabras da presidenta Carmela Silva- unha grande potencia”. “A nosa aposta polo deporte é incuestionable” subliñou a presidenta, quen explicou que se beneficiarán das achegas 54 clubs de piragüismo, remo e vela de 23 concellos da provincia que poderán cubrir, deste xeito, gastos correntes, federativos (licenzas, mutualidades ou arbitraxes), materiais (vestimenta ou equipamento), sanitarios ou para competicións (desprazamentos, aloxamento ou manutención), contratación de persoal, alugueiro, formación e organización de eventos.
Do medio millón de euros, tal e como explicou Carmela Silva, 280.000 € irán dirixidos a 27 clubs de piragüismo de 18 concellos, con axudas que van dende os 988 aos 25.351 €. Beneficiaranse catro entidades de Pontevedra (Club Naval, Club Verducido, Club Río Verdugo e Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra), tres de Cangas (Club de Mar Ría de Aldán, Club Náutico Rodeira e Club Piragüismo Aldán), dúas dos concellos de Poio (Club Escola de Piragüismo Poio e Club Escola Marítima Combarro), Tui (Kayak Tudense e Club Penedo), Vigo (Club Olívico e Club Kayak Vigo) e Vilaboa (Club Náutico Cobres e Club Vilaboa) e un club de cada un dos concellos de Caldas (Club Náutico Umia), Cambados (Club Piragüismo), Catoira (Club As Torres), O Grove (Club Marítimo Breogán), A Illa (Club Piragüismo Illa de Arousa), Marín (Club Marítimo Tambo), Mondariz-Balneario (Club Tea), Pontecesures (Club Náutico Pontecesures), Ribadumia (Club Náutico O Muíño), Sanxenxo (Piragüismo Portonovo), Tomiño (Club Deportivo Miño) e Vilagarcía (Club Depornautic Arousa).
No que respecta aos clubs de remo as achegas ascenden aos 145.000 €, oscilarán entre os 4.438 € e os 17.964 € e serán distribuídas entre 16 clubs de 10 concellos. Deste xeito beneficiaranse destas contías tres clubs de Vigo (Club de Remo Coruxo, Club de Remo Virxe da Guía e Club de Remo Vigo), e dúas de cada un dos concellos do Grove (Amegrove Club de Remo e Club de Remo Mecos), Moaña (SD Tirán e Sociedad Deportiva Samertolameu), Redondela (Círculo Cultural Recreativo de Cesantes e Club de Remo Chapela) e Tui (Club de Remo de Tui e Club Remo do Miño). Tamén clubs de Bueu (Club do Mar Bueu), Cangas (Club de Remo Vila de Cangas), A Guarda (Club de Remo Robaleira), Marín (Club de Remo Ría de Marín) e Vilagarcía (Club de Remo Vilaxoán).
Finalmente 75.000 € irán dirixidos a 11 clubs de vela de sete concellos da provincia, con axudas que van dende os 694 € aos 18.937 €. Neste ámbito serán catro os clubs de Vigo que se beneficiarán da iniciativa (Agrupación deportiva Sodim, Club Marítimo de Canido, Liceo Marítimo de Bouzas e Real Club Náutico de Vigo), dúas de Cangas (Club Deportivo Wind&Sup Club e Club Náutico de Cangas) e unha de cada un dos concellos de Baiona (Monte Real Club de Yates), A Illa (KiteboardingGalicia), Marín (Real Club de Mar de Aguete), Nigrán (Club Marítimo de Panxón) e Sanxenxo (Club Náutico de Sanxenxo).




