A institución provincial destinará 65.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 105.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios en Bueu e Moaña
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 170.000 euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para Bueu e Moaña. Trátase de 65.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 105.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.
En concreto, dos 65.000 euros para sufragar o SAF, un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, Bueu recibe 24.744 € e Moaña outros 38.992 €. Ademais, os 105.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios divídense en 41.757 € para o Concello de Bueu e outros 64.008 € para o de Moaña.
No conxunto da provincia, a institución provincial aprobou un total de 3 millóns de euros para axudar ao concello a sufragar ambos servizos, unha cifra que se reparte entre 1,2 millóns para o servizo de Axuda no Fogar e outros 1,8 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.




