HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación avanza no proxecto de mellora integral da estrada provincial A...

A Deputación avanza no proxecto de mellora integral da estrada provincial A Xesteira- Almofrei

- Anuncio -spot_img

A institución provincial analizará na Xunta de Goberno do próximo martes a adxudicación do contrato para esta actuación que, cun orzamento de 900.000 €, transformará por completo esta estrada de Cerdedo-Cotobade

A Deputación de Pontevedra avanza no proxecto de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada provincial EP-0405 A Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade. Deste xeito, a institución provincial ultimará na Xunta de Goberno deste martes a adxudicación do contrato para esta actuación que, cun orzamento de 900.000 euros, transformará por completo os 1,5 quilómetros desta estrada de Cerdedo-Cotobade.

A inmediata mellora da EP-0405 A Xesteira-Almofrei ten por obxecto a creación de vías seguras para o tránsito peonil, concretamente unha nova senda peonil na marxe esquerda da vía, de 2,5 metros de ancho, e zonas de convivencia onde terán prioridade os peóns naqueles tramos onde non se pode executar a senda. A senda peonil terá unha lonxitude dun quilómetro, e nese trazado ademais limitarase a velocidade a 30 km/h e incorporaranse tres redutores de velocidade. Nas zonas de convivencia, de preto de 300 metros de lonxitude, a velocidade máxima será de 20 km/h.

Ademais, desde a conexión coa estrada autonómica PO-233, o proxecto de transformación tamén inclúe a mellora do trazado, coa aplicación dunha nova capa de rodaxe e o emprego de novos paquetes de firme para ampliar a plataforma nas zonas de convivencia. Como actuacións complementarias, a Deputación de Pontevedra tamén acometerá a mellora da drenaxe e a canalización para soterrar a rede de alumeado nas zonas de convivencia. Con isto conseguirase diminuír o consumo de enerxía, cun aforro enerxético estimado do 14% (pasando dos 42.969 kWh anuais a 37.030 kWh).

A Deputación conseguiu unha achega do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) dentro do programa DUS-5000 por importe de preto de 700.000 €, polo que máis do 70% da actuación será financiada con recursos de Europa. O importe restante asúmeo a institución provincial e o Concello de Cerdedo-Cotobade.

Publicacións Relacionadas