HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación completa a equiparación dos recursos a equipos femininos e masculinos...

A Deputación completa a equiparación dos recursos a equipos femininos e masculinos no deporte da provincia para garantir a igualdade

- Anuncio -spot_img

O goberno aproba as bases das primeiras achegas que corresponden ao deporte federado de ámbito nacional que xa contemplan os mesmos baremos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde ás bases que rexerán a concesión de subvencións para os clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito nacional, ás que destinará un orzamento de 850.000 euros, cun incremento do 9,7% con respecto ao pasado ano. Trátase ademais das primeiras bases, como destacou a presidenta Carmela Silva, nas que “se equipararán por completo os recursos e as contías que reciben os equipos femininos e os masculinos”, nun novo paso para garantir a plena igualdade no deporte.

“Cando chegamos ao Goberno –puntualizou Carmela Silva-, non había ningunha perspectiva de xénero nin de apoio ao deporte feminino, senón máis ben todo o contrario. Nós xa en todas as bases puntuabamos máis que houbera equipos femininos. Certo é que os masculinos teñen mais costes, pero tamén o é que as mulleres estamos nunha situación de discriminación no deporte. Polo tanto agora van recibir exactamente os mesmos recursos”. “É –remachou- unha discriminación positiva cara ás mulleres e por iso aumentamos o orzamento con estes 75.000 euros, para garantir que os equipos femininos teñan os mesmos recursos”.

As subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva, “ con criterios claros e non como acontecía antes de que chegáramos, que era todo a dedo”, matizou Silva. Lembrou que o ano pasado estas achegas a clubs federados de ámbito nacional chegaron a 81 clubs de 23 concellos, e anunciou que en vindeiras datas se aprobarán as outras axudas para clubs de elite e o resto das que concede a Deputación para outras categorías, cun investimento total no deporte que este 2021 chega aos 3,1 millóns de euros.

Publicacións Relacionadas