HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación de Pontevedra, galardoada co premio "Bikefriendly 2021" da Rede de...

A Deputación de Pontevedra, galardoada co premio “Bikefriendly 2021” da Rede de Cidades pola Bicicleta na categoria “Liderado e Compromiso”

- Anuncio -spot_img

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez augura máis premios no futuro para o proxecto Ágora, que nesta ocasión superou as candidaturas do Concello de Barcelona e da Deputación de Biscaia

A entrega realizarase o próximo xoves día 8 en Málaga tras a celebración do II Encontro da Bicicleta Urbana

A Deputación de Pontevedra, grazas a ‘Ágora’, vén de ser galardoada co premio ‘Bikefriendly 2021’ da Rede de Cidades pola bicicleta na categoría ‘Liderado e Compromiso’ como a institución do Estado con mellor proxecto para impulsar e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

Segundo expón a organización do premio, a Deputación de Pontevedra obtivo o galardón ‘Bikefriendly 2021’ tomando o relevo do Concello de Sevilla –gañador da anterior edición- grazas “aos seus esforzos polo deseño e desenvolvemento de instrumentos orientados a impulsar, coordinar e avaliar accións orientadas a fomentar o uso da bicicleta nos seus territorios”. Un total de dez entes públicos presentaron a súa candidatura para esta categoría, obtendo o Concello de Barcelona e a Deputación Foral de Bizkaia as mellores valoracións por parte do xurado só despois da de Pontevedra.

O deputado Uxío Benítez amosou a súa satisfacción polo triunfo, subliñando que o ‘BikeFriendly’ marca o inicio doutros posibles premios para ‘Ágora’, un proxecto que segundo asegura “aínda ten moito percorrido por desenvolver”. O nacionalista valorou ademais ter sido premiado na categoría de ‘Liderado e Compromiso’, xa que este apartado pon en relevo de maneira específica e inequívoca o traballo da Deputación por promover iniciativas que facilitan o uso de mobilidades alternativas como a bicicleta. “Que Ágora sexa unha iniciativa merecedora dun galardón a nivel español é un grande recoñecemento”, manifestou.

O xurado desta edición estivo integrado por Laura Vergara, coordinadora xeral de ConBici; Ruth Lamas, coordinadora da Rede de Cidades pola Bicicleta; e Carlos Martín, director da área de consultoría de Bikefriendly Group.

Na valoración das candidaturas para cada unha das categorías dos Premios tivéronse en conta e puntuado o compoñente innovador dos proxectos (ata 10 puntos), o seu impacto real, con incidencia medible e resultados palpables (ata 10 puntos), o seu replicabilidad (ata 10 puntos) e o nivel de implicación dos axentes locais, a cidadanía e stakeholders (ata 10 puntos).

A entrega de premios realizarase o próximo 8 de xullo en Málaga tras a celebración do II Encontro da Bicicleta Urbana. O acto de entrega desenvolverase no Hotel Eurostars Málaga nunha cea para membros da Rede de Cidades pola Bicicleta. Previamente, ese mesmo día, desenvolverase no Cinema Albéniz de Málaga o II Encontro da Bicicleta Urbana. Unha xornada colaboradora da Estratexia Estatal de Mobilidade na que se darán a coñecer casos de éxito e problemáticas á hora de impulsar a mobilidade ciclista. Tamén haberá espazo para o debate nunha mesa redonda sobre ‘Marcos xerais de colaboración para o fomento da bicicleta’, daranse a coñecer solucións para unha xestión intelixente da mobilidade urbana a través de solucións de IoT e Smart Data, como as de Amper Smart, e presentaranse solucións de mobilidade ciclista eléctrica como as de Littium.

Tras o Encontro da Bicicleta Urbana e previo ao acto de entrega dos Premios Bikefriendly, o Concello de Málaga liderará unha visita guiada en bicicleta para os asistentes ao Encontro e representantes da RCxB. Durante a visita, o equipo municipal expoñerá os últimos avances en infraestruturas e servizos relacionados coa ciclomobilidade na cidade, así como problemáticas e proxectos de futuro.

Publicacións Relacionadas