HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa...

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

- Anuncio -spot_img

Os obradoiros serán telemáticos e centraranse na ciberseguridade e na programación con Arduino

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que terán lugar de xeito telemático, abordarán cuestións relacionadas coa ciberseguridade e coa programación a través de Arduino.

A primeira das accións formativas da semana terá lugar o luns, 15 de abril, ás 10:30 horas. Trátase de “Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na Internet”, un obradoiro no que Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, presentará os riscos aos que todas as persoas que empregan Internet están expostos.

O xoves 18, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar o taller “Programación con Arduino Módulo I – Parte I”, tamén impartido por Manuel Freire. Trátase do primeiro obradoiro teórico en liña do itinerario sobre programación con Arduino que, cunha duración de 24 horas de duración, impartirá formación online e presencial.

Publicacións Relacionadas