O Palacete das Mendoza acolleu esta mañá a presentación da primeira Golden River Race, a regata de piragüismo máis longa de Europa que se celebrará do 24 ao 27 de xuño e pasará polas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. Ao acto acudiu deputado provincial de Deportes quen amosou o seu entusiasmo porque a provincia de Pontevedra acolla parte de esta competición, en consonancia cunha das liñas fundamentais de actuación da Deputación: “atraer grandes eventos deportivos que reactiven económica e turisticamente a nosa provincia”.
Esta regata algo máis de 100 quilómetros de percorrido, chegará a Pontevedra na súa derradeira etapa, na que as e os deportistas realizarán un percorrido de 30 quilómetros entre Salvaterra de Miño e Crecente co apoio da Deputación de Pontevedra.




