HomeDeputaciónsDeputación OurenseConcerto do grupo Músicos de Urueña sobre as Cantigas de Santa María...

Concerto do grupo Músicos de Urueña sobre as Cantigas de Santa María de Afonso X

- Anuncio -spot_img

O centro cultural Marcos Valcárcel acolle mañá martes, día 29, a partir das 20.00 horas, un concerto do grupo Músicos de Urueña, organizado polo Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense. Coincidindo co aniversario do nacemento de Afonso X, os integrantes deste conxunto de música medieval -César Carazo, Luis Delgado e Jaime Muñoz- interpretarán un repertorio baseado nas Cantigas de Santa María empregando algúns dos instrumentos que aparecen recollidos nesta colección de composicións.

Publicacións Relacionadas