HomeDeputaciónsDeputación PontevedraJorge Cubela reúnese co director da Culturgal para abordar as liñas de...

Jorge Cubela reúnese co director da Culturgal para abordar as liñas de colaboración na nova edición da feira

- Anuncio -spot_img

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo un encontro co director da Culturgal, Camilo Franco, co gallo de abordar as vías de colaboración de cara á celebración da 17ª edición da Feira das Culturas Galegas. Durante o encontro, o deputado lembrou o compromiso da institución provincial co desenvolvemento das industrias culturais de Galicia e coa Culturgal en particular, por ser un dos maiores expoñentes do tecido cultural de Galicia e punto de reunión de referencia entre o sector e os seus públicos para que estes se acheguen ás novidades do sector. Neste sentido, Cubela avanzou que a Deputación incrementará este ano o seu apoio económico á feira respecto ao achegado en edicións anteriores.

Publicacións Relacionadas