HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López adianta un novo apoio de 5.000 euros da Deputación para...

Luis López adianta un novo apoio de 5.000 euros da Deputación para Libélulas como recoñecemento ao labor que realizan polas mulleres que sofren cancro de mama

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos; adiantou a concesión dunha nova axuda nominativa da Deputación para o vindeiro ano 2025 por valor de 5.000 euros para a Asociación Libélulas, un colectivo que promove a práctica de dragon boat, unha modalidade de piragüismo, entre mulleres que están en preoceso de recuperación dun cancro de mama. Fíxoo durante unha visita ás integrantes deste colectivo que ten a súa base no peirao de Corbaceiras, en Pontevedra.

Esta entidade ten en marcha un programa de adestramento e fisioterapia para contribuír a mellorar o estado de saúde física e psicolóxica das súas integrantes. Unha iniciativa pola que o mandatario provincial, que saíu a remar coas deportistas, eloxiou o labor que realizan, deulle os parabéns a todas as integrantes pola súa determinación e os seus resultados nas competicións e puxo en valor a axuda que prestan ás mulleres que sofren esta enfermidade. “Sentímonos orgullosos do traballo que estades a realizar”, sinalou López.

Publicacións Relacionadas