HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia un investimento de preto de 2,2 millóns de euros...

Luis López anuncia un investimento de preto de 2,2 millóns de euros para que 130 mozos desempregados teñan a súa primeira experiencia profesional nos concellos da provincia

- Anuncio -spot_img

Trátase do programa +Emprega nos Concellos, cuxas bases reguladoras e convocatoria acaban de ser aprobadas en Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

Os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia recibirán axudas do organismo provincial para contratar a entre unha e tres persoas, segundo a súa poboación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis Lopez, acaba de anunciar un investimento de preto de 2,2 millóns de euros para que 130 mozas e mozos desempregados teñan a súa primeira experiencia profesional nos concellos da provincia. Trátase do programa +Emprega nos Concellos, cuxas bases reguladoras e convocatoria acaban de ser aprobadas en Xunta de Goberno do organismo provincial.

“Seguimos sumando e avanzando con proxectos para fomentar o emprego que supoñen, tamén, mellorar a calidade de vida da veciñanza da provincia e que, así, Pontevedra siga indo a máis”, asegurou Luis López. Deste xeito, tal e como detallou o presidente, +Emprega nos Concellos ofrece 130 contratacións laborais de 1 ano de duración baixo a modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Os 11 concellos da provincia con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato, os 25 con entre 3.001 e 10.000 habitantes 2 contratos, e os concellos con entre 10.001 e 50.000 habitantes poderán solicitar ata 3 contratos.

A contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo dependerá do nivel de estudo e o salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente aos estudos e funcións desempeñadas. Deste xeito, no caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura o máximo mensual será de 1.400 euros e 16.800 ao ano; no dos ciclos superiores de Formación Profesional de 1.200 €/mes e 14.400 €/ano; e no dos ciclos medios de Formación Profesional de 1.000 €/mes e 12.000 €/ano.

Publicacións Relacionadas