HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia un novo paso adiante no proxecto da Vía Verde...

Luis López anuncia un novo paso adiante no proxecto da Vía Verde co inicio da licitación dun estudo para deseñar o trazado do itinerario entre Pontevedra e Arcade

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial reafirma o compromiso da Deputación para liderar un proxecto estratéxico para a provincia e recalca o seu chamamento a impulsalo desde o consenso institucional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anuncia o inicio do proceso de licitación dun estudo de viabilidade para o trazado do percorrido da futura vía verde entre Pontevedra e Soutomaior. Na conferencia de prensa posterior á Xunta de Goberno deste venres, o mandatario provincial reafirmou o compromiso da Deputación para liderar o proxecto para completar este itinerario peonil estratéxico para a provincia. “Sacamos a licitación un estudo que contemple todos os puntos a ter en conta nese proxecto para construír unha vía verde entre Pontevedra e Arcade e tamén co obxectivo claro de unir Vilagarcía e Vigo”, expuxo López.

Un anuncio que se enmarca na resposta recibida polo Ministerio de Transportes esta mesma semana á misiva enviada no mes de abril á esta Administración por parte do presidente provincial. Un escrito no que a Deputación expresaba o seu compromiso para liderar a execución deste proxecto e para consultar tamén a posibilidade da cesión das vías de tren en desuso para construír unha vía verde nestes treitos. O Ministerio, na súa resposta, deu o seu visto bo á cesión temporal deses terreos e “nós, automaticamente, sacamos a licitación este estudo”, informou o presidente á preguntas dos periodistas.

Finalmente, Luis López fai fincapé na intención do goberno provincial de seguir impulsando un proxecto no que abre á porta á colaboración de todas as administracións implicadas para que a Vía Vedrde entre Vilagarcía e Vigo sexa unha realidade no menor tempo posible. “Queremos ser áxiles e queremos seguir facéndoo desde a unidade e o consenso institucional porque isto é un proxecto de provincia”, conclúe o presidente provincial.

Publicacións Relacionadas