HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López avanza que as food trucks de Rías Baixas percorrerán todos...

Luis López avanza que as food trucks de Rías Baixas percorrerán todos os concellos ofrecendo degustacións para promover as festas gastronómicas do destino

- Anuncio -spot_img

A Deputación acaba de adxudicar a campaña por un importe de 255.000 euros para ofrecer a partir de outubro preto de 400 petiscos baseados nos menús das festas gastronómicas de interese turístico da provincia

A Deputación de Pontevedra activará a campaña 100% Gastronomía das Rías Baixas, de promoción das festas gastronómicas de interese turístico da provincia, a partir de comezos de outubro. O presidente Luis López fixo este anuncio este venres en comparecencia de prensa tras dar luz verde á adxudicación desta campaña na Xunta de Goberno provincial por valor de 255.000 euros. “Percorreremos a provincia con tres food trucks que farán tres rutas polo norte, o centro e o sur da provincia, ofrecendo un total de 366 degustacións ao longo de cinco meses en formato de pinchos” baseados nos menús das 25 festas gastronómicas de interese turístico galego, nacional e internacional das Rías Baixas.

100% Gastronomía das Rías Baixas será unha acción de promoción e posta en valor da gastronomía pontevedresa que visitará os 61 concellos da provincia con sesións ininterrompidas de 3 horas de duración ao mediodía (de 12:30 a 15:30 horas) e tarde (de 18:30 a 2130 horas), que se mobilizarán cinco días á semana e sempre os sábados, domingos e días festivos. Cada food truck recalará un día en cada concello, pero poderase aproveitar situacións excepcionais de grande afluencia para quedar ata un máximo de tres días. Nelas, a cidadanía ademais de degustar as elaboracións terá á súa disposición material informativo sobre estas festas.

Luis López lembrou, como informou fai uns días na Estrada, que as Rías Baixas foron en xullo “líderes en Galicia e aumentamos nun 6% o noso turismo estranxeiro”. O presidente da Deputación sinalou que 100% Gastronomía das Rías Baixas encádrase “nun dos puntos da nosa aposta turística, que pasa por ofrecer experiencias desestacionalizadoras, e por iso implementamos esta campaña en temporada baixa”.

Publicacións Relacionadas