HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López felicita ao escritor pontevedrés Manel Loureiro pola súa última novela...

Luis López felicita ao escritor pontevedrés Manel Loureiro pola súa última novela “Cuando la tormenta pase”, coa que gañou o premio Fernando Lara 2024

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; deu os parabéns o escritor pontevedrés Manel Loureiro pola súa última novela “Cuando la tormenta pase”, pola que vén de conseguir o premio Fernando Lara 2024, que concede a editorial Planeta á mellor obra do ano publicada en lingua castelán.

O mandatario provincial amosou o seu interese pola obra e traxectoria do escritor, que conta con grandes éxitos como Apocalipse Z, que pronto será adaptada á pequena pantalla en formato de serie. Así mesmo, Luis López valorou a súa creatividade para ambientar en lugares da provincia moitas das súas novelas, como “Cuando la tormenta pase”, que está ambientada na illa de Ons.

Publicacións Relacionadas