HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López participa en Cambados nos actos de celebración do Día das...

Luis López participa en Cambados nos actos de celebración do Día das Artes Galegas, dedicada este ano ao escultor pontevedrés Francisco Asorey

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu a un acto que demostra o arraigo que ten a escultura na provincia de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este sábado nos actos de celebración do Día das Artes Galegas, dedicado este ano ao escultor cambadés Francisco Asorey. A gala, promovida desde o ano 2015 pola Real Academia das Artes Galegas, celebrouse no auditorio municipal de Cambados e contou cunha conferencia sobre a vida, obra e transcendencia deste artista nacido na provincia de Pontevedra a cargo do académico Felipe Senén López Gómez.

Acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, o mandatario provincial estivo nun acto no que o académico explicou a traxectoria dun escultor que naceu nesta vila do Salnés no ano 1889 para converterse nun dos renovadores da arte galega, cunha intensa, singular e monumental obra repartida por toda Galicia, Euskadi, Cataluña, Bos Aires e Montevideo. A súa obra de carácter modernista e que busca os contrastes, mesmo de pedras e madeiras, caracterízase polo simbolismo baseado nas tradicións galegas, as que entendía nesa interrelación céltica de paisaxe e paisanaxe.

Desde a Deputación de Pontevedra poñen en valor a elección de Francisco Asorey para festexar este ano o Días das Artes Galegas. Unha elección que demostra a longa tradición e o arraigo que ten a arte, concretamente a escultura, na provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas