HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López participa na inauguración de Salmoira, unha empresa premiada por Smart...

Luis López participa na inauguración de Salmoira, unha empresa premiada por Smart Peme que pon en valor produtos do mar como reclamo turístico e gastronómico

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste á inauguración das instalacións en Pontevedra de Salmoira, unha empresa innovadora de salgadura de peixe e produtos do mar que gañou este ano o premio a mellor iniciativa empresarial do programa provincial Smart Peme. Un programa que, a través da súa participación na aceleradora de empresas, serviu para facer madurar un proxecto que ofrece experiencias gastronómicas e turísticas na provincia.

O mandatario provincial participou no acto inaugural da empresa que consistiu na presentación do proxecto e unha cata de produtos do mar en salgadura.

Publicacións Relacionadas