HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria”...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega dos primeiros premios Monos de Oro

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas ao entregar aos Mozos de Arousa un dos galardóns creados polos hostaleiros de Los 3 Monos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, referiuse ao territorio das Rías Baixas como “unha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” durante a entrega dos premios Monos de Oro 2024, que se entregaron por primeira vez este xoves en Marín a figuras destacadas do ámbito da cultura, o deporte, a gastronomía, as artes ou o entretemento. O mandatario provincial foi o encargado de entregar un destes galardóns, impulsados polo restaurante Los 3 Monos de Aguete, aos célebres Mozos de Arousa.

A gala celebrouse á última hora desta tarde nas instalacións que o Restaurante Los 3 Monos ten aos pés da praia marinense de Aguete. Un acontecemento no que foron recoñecidos polo seu labor persoas que sobresaen en distintos eidos da sociedade como o cociñeiro Pepe Solla, o humorista Xurxo Carreño, a atleta Ana Peleteiro, o actor David Amor, o deseñador gráfico e humorista Luis Davila, o triatleta Javier Gómez Noya, o creador de contido Hugo Pérez, o grupo gañador dun concurso de televisión Mozos de Arousa e o músico Carlos Núñez. Unha festa que contou co espectáculo de maxia de Yago Barral e á intérprete musical Alexandra Carrera.

Á hora de entregar os premios, o mandatario provincial empregou a súa quenda para personalizar nos hostaleiros de Los 3 Monos a calidade dun sector hostaleiro que é un dos grandes atractivos turísticos da provincia, para destacar a beleza paisaxística das Rías Baixas e as súas praias, “que nada teñen que envexar ás do Caribe”; e para felicitar aos Mozos de Arousa pola súa contribución de promoción da provincia.

Publicacións Relacionadas