HomeDeputaciónsDeputación OurenseManuel Baltar: “Ourense comparte con Iberoamérica dous das singularidades que serán o...

Manuel Baltar: “Ourense comparte con Iberoamérica dous das singularidades que serán o motor da recuperación económica: turismo e termalismo”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense clausurou hoxe o Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública, que reúne presencial telemáticamente a preto de mil participantes de 23 países

Avogou por “seguir fortalecendo as pontes sociais e económicas dos nosos territorios, principais eixos nos que se asenta a recuperación da competitividade e o emprego na xa inminente pospandemia”

Previamente ao cume, Baltar recibiu á gobernadora da provincia ecuatoriana do Guayas, Susana González Rosado, con quen asinou un acordo de colaboración entre os dous territorios para desenvolver espazos de diálogo e actividades conxuntas

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausurou hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel” o Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública, un evento que reuniu, presencial e telemáticamente, a preto de 1.000 de participantes de gobernos locais de 23 países iberoamericanos, quen durante dúas xornadas debateron sobre a innovación na xestión pública e as novas ferramentas e habilidades relacionadas co bo goberno e a comunicación.

Baltar dixo que Ourense “comparte con Iberoamérica dous das singularidades que serán o motor da recuperación económica: turismo e termalismo” e avogou por “seguir fortalecendo as pontes sociais e económicas dos nosos territorios, principais eixos nos que se asenta a recuperación da competitividade e o emprego na xa inminente pospandemia”.

Neste sentido, puxo como exemplo as importantes transformacións que a provincia de Ourense vai experimentar nos próximos tempos, vinculadas á llagada da Alta Velocidade ferroviaria, “que nos situará a pouco máis de dúas horas de Madrid”, ou plans específicos como: “Ourense, a provincia termal” e “Ourense, provincia intelixente” e iniciativas para situar a Ourense como “gran estudio de cinema”, á Ribeira Sacra como patrimonio mundial da Unesco, o turismo deportivo, ou potenciar este territorio como “despensa de Galicia no ámbito vitivinícola, contando co enorme potencial que supón ter 4 das 5 denominacións de orixe galegas”, expresou.

Tamén lembrou a relevancia que a innovación ten na estratexia da Deputación de Ourense, con novos impulsos para Tecnópole e o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, unido á importancia que ten “a visión global desde o local”, o que explica, segundo Baltar, a presenza da Deputación de Ourense en organismos europeos de gobernos provinciais e termalismo –presidindo a rede Partenalia de gobernos provinciais de Europa e a Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa ( EHTTA)-. “Esta estratexia ten como obxectivo fortalecer o noso territorio ampliando alianzas e atraendo proxectos que xeren valor, emprego e competitividade”. Neste sentido, comentou iniciativas como o EmpredOU, plan que a Deputación impulsa coa Confederación Empresarial de Ourense para favorecer o emprendemento no rural ourensán, ou o papel que xoga o Inorde como favorecedor de iniciativas nos ámbitos do turismo e a agroindustria. Tamén citou a proposta de converter en Pazo Provincial “no gran hotel balneario da provincia, para o que se están facendo prospeccións termais no subsolo do edificio”.

Previsibilidad e sentido común

Todo iso baseado na “ previsibilidad”, explica Baltar, a cal considera “peza crave” para impulsar o desenvolvemento dos proxectos. Así, puxo de manifesto a importancia dos plans de mandato “Ourense 92”, “Ourense 15-19” e “Ourense 7273”, que foron e son “as follas de roteiro que marcan o rumbo da nosa xestión á fronte do goberno provincial, coas que conseguimos chegar á “débeda cero”; que aprobemos os orzamento antes que ningunha outra administración pública de España –no mes de setembro- e que dispoñamos dun Observatorio Económico Ourensán, que nos ofrece un diagnóstico da situación en todo o noso territorio, o cal supón unha excelente ferramenta para a anticipación, a prospección e a previsión para planificar iniciativas nun goberno provincial que ocupa o primeiro lugar en transparencia dos 52 gobernos provinciais de España”, expresou Baltar.

Unida á palabra previsibilidad, Manuel Baltar sitúa: cooperación, estabilidade, identidade coa terra, audacia, sorpresa, innovación, liderado e futuro, “termos que conforman o significado dos que entendemos por “sentido común” e que derivan, na execución de boas prácticas á hora de xestionar servizos públicos con excelencia e a máxima eficacia posible”, afirmou, sinalando “a proba de lume” que foi a pandemia do COVID-19 para as administracións públicas, “unha crise sanitaria, social e económica á cal, desde a Deputación de Ourense, fixemos fronte desde o minuto 1 poñendo en marcha o “Comité do Día Despois” para empezar canto antes a recuperación económica pensando, non en números senón en persoas”, destacou o presidente Baltar.

Recepción á gobernadora do Guayas

Previamente á segunda sesión do cume, o presidente Baltar recibiu no Pazo Provincial á gobernadora da provincia ecuatoriana do Guayas, Susana González Rosado, con quen asinou un acordo de colaboración entre os dous territorios, cuxo como obxectivo é desenvolver espazos de diálogo e actividades conxuntas, consolidando as relacións institucionais entre Ourense e Guayas. Neste sentido, Manuel Baltar, agradeceu a visita da prefecta ecuatoriana -quen participou no cume cun relatorio sobre Xestión transparente e eficiente-, destacando “a profunda honra que supón recibir neste encontro de innovación e excelencia pública a unha persoa que representa perfectamente eses dous conceptos”.

Baltar comentou que o protocolo de colaboración “permitirá intercambiar coñecementos e experiencias de xestión pública sobre aspectos que vimos desenvolvendo, referidos principalmente á transparencia, ámbito no que a Deputación de Ourense é líder nacional”. “O goberno aberto, a participación veciñal e o compartir a información é unha máxima que levamos a cabo, e nesta época difícil é cando a valentía na política pode facer crecer novos proxectos e retos ambiciosos”, expresou Manuel Baltar, agradecendo a visita e dándolle á gobernadora a benvida a Ourense.

Pola súa banda, Susana González, quen foi convidada polo presidente para asinar no Libro de Honra da Deputación, destacou que o convenio rubricado por ambas as institucións “ratifica a vontade de vincularnos e hermanarnos para traballar polos obxectivos comúns dos nosos cidadáns, con gobernos eficientes que prioricen as necesidades sociais e xeren oportunidades e recursos, nunha permanente rendición de contas e sempre coa máxima transparencia”.

Antonio Soa e a “ humanítica”

Tamén participou na reunión o presidente da Fundación “Liderar con sentido común”, Antonio Soa, quen no seu relatorio no cume falou sobre a “ Humanítica, a política do século XXI”. Transmitiu o seu agradecemento por estar en Ourense para falar sobre “os cambios que estamos a ver no mundo da política e a xestión desde isto que chamamos “a humanítica”, esta filla da vontade e do sentido común, algo que están a pedir os cidadáns para transformar a forma na que estamos a vivir e para seguir mellorando nas nosas sociedades”. Soa, considerado un dos estrategos políticos máis destacados a nivel mundial, participou ao longo da súa traxectoria profesional en máis de 500 campañas nunha trintena de países.

Ademais destes destacados relatores, durante a segunda xornada de Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública analizáronse outras temáticas como: as políticas públicas de xénero, a cargo de Sandra Bustamante, consultora internacional no proxecto “Futuro do traballo coa perspectiva de xénero”; Planificación estratéxica e gobernanza, relatorio de Ronsel Vermellas, directora xeral de posgraos da Universidade Columbia de Paraguai; Imaxe positiva e reputación institucional, con Marlon Díaz, consultor internacional en estratexia de medios; e desenvolvéronse dúas mesas redondas nas que se analizaron a excelencia pública nos gobernos intermedios e o goberno aberto como ferramenta para fortalecer a ética e a integridade na xestión pública.

Finalmente, tras a conferencia de Manuel Baltar tivo lugar o acto de clausura no participou o presidente da Deputación de Ourense, xunto con Johnny Araya, alcalde de San José e presidente de Flacma; Roberto Izurieta, representante da George Washington University; Sergio Arredondo, secretario xeral de Flacma, e Eladio Jardón, director do Instituto IMC.

Publicacións Relacionadas