HomeDeputaciónsDeputación OurenseO campamento urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” cun...

O campamento urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” cun pleno infantil na Deputación

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente Rosendo Fernández recibiu no Pazo Provincial a vinte rapaces e rapazas, aos que explicou o funcionamento e competencias da institución

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a vinte nenos e nenas que están a participar no campamento urbano de Amencer, que nesta xornada celebrou o seu “Día do Parlamento” cun pleno infantil no que se someteron a debate unha serie de propostas para a realización de novas actividades na próxima edición do campamento.

Rosendo Fernández, que respondeu as preguntas formuladas polos rapaces e rapazas, explicou o funcionamento e competencias da institución provincial, sinalando que “cando un veciño ten un problema acode ao seu alcalde, e cando un alcalde ten unha necesidade acode á Deputación, que é o concello dos concellos, cooperando na prestación de múltiples servizos”, entre os que citou como exemplos a recollida de lixo ou a xestión do ciclo da auga.

Publicacións Relacionadas